jueves

~ iMMenXa GraZa ~

.
.."E levantándose no intre,
volveron a Xerusalén
e atoparon reunidos aos Once
e aos que estaban con eles
que dicían: É verdade!
Resucitou o Señor
e aparecéuselle a Simón!
Eles tamén contaron
o que lles pasara polo camiño,
e como o recoñeceran no partir o pan"
(Lc 24, 33-35)

iMMenXa GraZa paso a paso :
.
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 -17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55 - 56 - 57 - 58 - 59 - 60 - 61 - 62 - 63 - 64 - 66 - 67 - 68 - 69 - 70 - 71 - 72 - 73 - 74 - 75 - 77 - 78 - 79 - 80 - 81

~ iMMenXa GraZa (80) ~

. . O home peregrino, no medio das dificultades do Camiño, é imaxe desa actitude de busca que nos caracteriza. No noso estado de debilidade e na nosa natureza caída somos esencialmente peregrinos.
.

. . O que nos mobiliza é o instinto cara ao Ben. "A nosa natureza está no movemento, o repouso total é a morte". Descansar na nosa miseria sería a morte. A procura, aínda que os pés sentan a fatiga dos nosos pesos, sempre continúa ante a esperanza de achar o noso descanso, porque seguindo a coñecida expresión de San Agustín: “Creáchenos para Ti, e inquedo estará o noso corazón ata que descanse en Ti".

~ iMMenXa GraZa (79) ~



A porta santa
é símbolo dun tempo de graza
e de perdón no Ano da Gran Perdoanza



Durante todos os días deste Ano Xubilar Compostelán, o peregrino pode lucrar para si mesmo ou aplicar polos defuntos a xeito de sufraxio, a indulxencia plenaria, como liberación total da pena temporal debida polos pecados.

Con esta práctica a Igrexa quere axudar espiritualmente ao cristián que peregrina e motivalo a facer obras de piedade, de penitencia e de caridade.

~ iMMenXa GraZa (78) ~

O peregrino a Santiago, cos ollos postos na meta -a Tumba do Apóstolo- é quen de afrontar os non poucos riscos do peregrinar, pasar fame e sede, frío e nudez, penalidades e traballos e tamén acoller os gozos do Camiño.
.
A peregrinación é un verdadeiro programa de rexeneración e está intimamente ligada á solidariedade, como nolo revelan os seus símbolos: o bordón, o zurrón e a vieira. En todo caso, a tradición apostólica é o imán que atrae o peregrino e o fai emprender o camiño da vida.

~ iMMenXa GraZa (77) ~

O Camiño de Santiago foi dende os seus inicios un camiño de fe
e, ao mesmo tempo, un camiño de cultura.
.
.
. . Este Ano Santo Compostelán 2010 é unha chamada a recuperar tamén o contido esencial -en clave de evanxelización- da antropoloxía católica: a bondade da creación e da criatura; a ameaza e consecuencias do pecado; as posibilidades que ten o home para ser sandado, convertido, perdoado; a presenza da graza na creación que está en camiño de chegar á plenitude. O home, peregrinando, é fiel a si mesmo, aínda que a graza da viaxe non consiste na felicidade terrea senón no vivir en Cristo.

~ iMMenXa GraZa (75) ~

. . Vivir o espírito do xubileo significa dar xusta cabida a estes valores fundamentais do Evanxeo, que non quitan nada á actividade humana, senón que a sitúan na dimensión que lle corresponde, conferíndolle o seu significado máis auténtico.

~ iMMenXa GraZa (74) ~

. . O sentido da peregrinación no Ano Santo Compostelán expresa e favorece o camiño de conversión, auténtico obxectivo deste. Converterse significa realizar un cambio de mentalidade: da "do mundo" á de Deus, que Cristo nos revelou e comunicou.

. . Entrar pola Porta Santa ha de ser precisamente un signo da nosa fe en Cristo e da nosa vontade de seguir a quen coa súa morte e a súa resurrección, nos posibilitou pasar do pecado á graza, dun modo de vivir dominado por intereses egoístas a outro inspirado no amor a Deus e aos demais.

~ iMMenXa GraZa (73) ~

A peregrinación a Santiago
encádrase no marco dunha tradición antiga
coa que o peregrino de hoxe conecta.

. .O pasado ou tradición, un elemento básico representado polo rito tradicional na peregrinación xacobea, ofrece a posibilidade de superar unha existencia postmoderna regulamentada ao máximo, case incapaz para a sorpresa, pouco sensible ao misterio, empobrecida en canto a posibilidades de identificación e relacións interpersoais, chea de tensións e sumida ás veces na confusión. Inténtase facer pé no pasado, para orientarse cara ao futuro no medio do presente que nos toca vivir como tempo de Deus e, polo tanto, tempo de graza.

~ iMMenXa GraZa (71) ~

. . Canto máis rapidamente camiña a humanidade, tanto maior é a necesidade que sente duns alicerces sólidos. As persoas emprenden a peregrinación xacobea porque buscan e porque esperan atopar o que o seu mundo moderno non foi que de lles ofrecer.

~ iMMenXa GraZa (70) ~


Alguén pensará que nos nosos días está a punto de extinguirse a peregrinación.

O certo é, non obstante, que as peregrinacións están francamente en auxe.

Diríase que veñen a encher unha necesidade da alma...

Quizais as persoas atopan monótona abondo a vida relixiosa
e botan de menos algo máis intenso, máis festivo, máis emocional.

Quizais a forma que adopta
a nosa relixiosidade
non responde ás necesidades
das persoas.

~ iMMenXa GraZa (69) ~


O prototipo da testemuña achámolo en María, peregrina da fe, figura escatolóxica (definitiva) da Igrexa, presente no cenáculo de Xerusalén.

María, como nai, revela un aspecto radical da existencia, nunha peregrinación polo camiño de crecemento e maduración interna que se inicia co nacemento do seu Fillo e que conclúe coa súa gloriosa asunción aos ceos.

Ela alumea diante do pobo de Deus en marcha como sinal de esperanza certa e consolo, avivando nos fieis o desexo dos bens do Reino, cuxa posesión plena obterán pola resurrección, e sendo tamén punto de referencia para a realización do seu propio destino histórico.

~ iMMenXa GraZa (68) ~



Ser testemuña hoxe significa, ante todo,
propoñer a nosa fe en Cristo resucitado
que fundamenta a nosa esperanza cristiá
e que se reflicte
no amor a Deus
e aos demais,
pois

"Deus é amor,
e quen permanece no amor,
permanece en Deus
e Deus nel"


(1Xn 4, 16)

~ iMMenXa GraZa (67) ~


O relato de Emaús ilumina de modo exemplar a historia da Igrexa e a dos cristiáns de todos os tempos.

Na comunidade reunida para celebrar a Eucaristía aparece de xeito especial a luz pascual.

A Igrexa ensínanos que o modo da presenza de Cristo baixo as especies eucarísticas é singular.


"Esta presenza denomínase real, non a título exclusivo, coma se as outras presenzas non fosen reais, senón por excelencia, porque é substancial, e por ela Cristo, Deus e home, faise totalmente presente"

~ iMMenXa GraZa (66) ~


A fe pascual dos peregrinos de Emaús queda confirmada pola profesión de fe apostólica e recollida por ela, de forma que se converte en auténtica para as xeracións posteriores. Axúdanos a clarificar os obxectivos da peregrinación xacobea.

Mostra por que e como pode crerse tamén hoxe no Resucitado. A Igrexa ha de alimentar e crear un ambiente apropiado para que esta fe poida desenvolverse a través da evanxelización, a conversión e a celebración eucarística, memorial de Xesucristo.

~ iMMenXa GraZa (64) ~

. . Os dous peregrinos de Emaús, transformados pola visión do Resucitado, saíron inmediatamente da súa casa e regresaron a Xerusalén, a Cidade Santa, símbolo da continuidade entre o tempo do Xesús histórico e o tempo da Igrexa nacente, lugar da morte e resurrección do Señor.
.
. . Aínda que volveron no medio da noite, alumeaba o seu camiño a luz do Resucitado para contar o que lles pasara no camiño e dese xeito estar en comuñón cos que quedaran en Xerusalén, co fin de que o seu gozo fose completo.

~ iMMenXa GraZa (63) ~

. . A peregrinación e o camiño á Tumba do Apóstolo non son simplemente un traslado dun lugar a outro. Trátase máis ben de pasar dunha visión a outra da vida pola presenza misteriosa de Xesús, que, ao igual que aos peregrinos de Emaús, tamén nos vai acompañando polo camiño da existencia e axúdanos no tránsito do home vello ao home novo, aínda que haxa que pasar polo sufrimento e a entrega na cruz de cada día.
.

. ...todo isto para entrar na súa gloria ? " (Lc 24, 25-26)

~ iMMenXa GraZa (62) ~


.

Por medio de Cristo e grazas ao seu Espírito, alcanzamos unha nova vida e unha nova profundidade na nosa dimensión terrea, que nos fan semellantes ao Resucitado.

.
É un proceso interno que,
se ben non nos aparta da realidade terrea (cf. 2 Cor 5, 7), fainos homes novos e capacítanos para unha nova forma de actuar.

~ iMMenXa GraZa (61) ~

. . Xesucristo é a partir da resurrección unha realidade permanente e verificable grazas ao Espírito, ao Espírito da vida e do amor, da liberdade e da nova creación que xorde con este acontecemento.

. . Non se trata unicamente dunha afastada esperanza de futuro para todos os que participan da fe en Cristo, senón xa dende agora dunha realidade incipiente, posto que a partir da súa resurrección Cristo se converteu en "Espírito vivificador" (1Cor 15, 45) e ese Espírito, o Espírito de Cristo e de Deus, habita xa agora en nós.

~ iMMenXa GraZa (60) ~

. . Quen asuma na súa vida a mensaxe pascual, experimentará, a pesar de todas as miserias e da aparente ausencia de solucións, que da súa mesma debilidade exterior crece unha forza interna e, malia todas as angosturas, se lle abren novos horizontes.
.
O cristián experimenta isto como unha participación na cruz,
morte e resurrección de Cristo.

~ iMMenXa GraZa (59) ~


Deus resucitou a Xesús morto na cruz


Nesta mensaxe anúnciase que alguén que quixo o mellor para os seres humanos foi eliminado pola maldade humana e, non obstante, non foi aniquilado. Non está morto, senón que vive e enche da súa enerxía vital a todos os que se unen a El.
-
Dentro do mesmo fracaso e da desaparición do home está presente aínda unha esperanza que ten o seu apoio en Deus, pois nel vivimos, movémonos e existimos (Feit 17, 28), sendo a meta dunha vida humana que nunca chega á plenitude total sobre a terra.