jueves

~ iMMenXa GraZa (26) ~

. . Xesús acepta a invitación dos de Emaús para quedar a cear con eles na súa casa e logra a renovación da súa vida comunitaria. O "recoñecemento" de Xesús por parte destes discípulos acontece en estreita vinculación coa celebración eucarística, doazón de Xesús. O que ata agora lles faltaba e que non tivera lugar na conversación ao longo do camiño, era o encontro persoal co Resucitado. Agora o "recoñeceron" e abríronselles os ollos.
. . Máis que ir nós ao Señor, é El o que vén a nós no sacramento do altar, acompañándonos no noso camiño. Este sacramento é a máxima proba de amor e "é o máis parecido á vida eterna que se nos podía mandar. A vida eterna vén a ser unha continuación deste sacramento, en canto que Deus penetra coa súa dozura nos que gozan da vida benaventurada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario