jueves

~ iMMenXa GraZa (41) ~


. A Resurrección consiste na vitoria do amor de Deus sobre a morte e o pecado, e na nova participación na graza. A fe pascual é, polo tanto, unha continua confesión da acción salvífica de Deus que precede a todo o noso actuar.
.. .
. A fe no Señor resucitado é o centro de toda a vida cristiá. Non podemos ser cristiáns se non cremos en Cristo resucitado que fai posibles a nosa relación filial con Deus e as nosas relacións fraternas cos demais. É preciso, pois, que vivamos convencidos da nosa vocación de resurrección e de inmortalidade, vivindo as realidades terreas tendo en conta que morremos no Bautismo ao home vello e que a nosa vida está oculta con Cristo en Deus.
.. .
. Como membros da comunidade concreta que é a Igrexa, temos que ser testemuñas da resurrección do Señor, dando a coñecer a todos a acción salvífica de Deus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario