miércoles

~ iMMenXa GraZa (16) ~

. . Cando o peregrino retorna aos seus, á súa casa, á súa parroquia e ao exercicio da súa profesión, é preciso que cantos consideren a súa forma de actuar, perciban nel a presenza activa do amor de Deus Pai, experimentado sen dúbida no camiño da peregrinación que culminou na Tumba do Apóstolo.
.

. . O peregrino proclama a verdade do evanxeo se vive en conformidade co ensino de Xesús, servindo así de canle e de instrumento ao amor de Deus, pois o Evanxeo se comprende doadamente a través da actuación dos cristiáns. Ao ver como actúan, "como se aman", van dando testemuño da súa fe en Cristo resucitado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario