jueves

~ iMMenXa GraZa (28) ~

. . A fe cristiá concibe o home como alguén aberto ao Misterio. "O home é pregunta que non cesa, un asombro absoluto ante a realidade, unha esperanza indestrutible. Pregunta, asombro e esperanza constitúeno en camiñante que impertérrito avanza cara ao seu destino".
.

. . Nesta perspectiva, o pecado e as ambigüidades da existencia poden comprenderse non como fracasos irremediables en relación co proxecto humano, senón como rupturas e desvíos no proceso cara á madureza que apartan o home de Deus, o seu fin último e a súa benaventuranza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario