jueves

~ iMMenXa GraZa (73) ~

A peregrinación a Santiago
encádrase no marco dunha tradición antiga
coa que o peregrino de hoxe conecta.

. .O pasado ou tradición, un elemento básico representado polo rito tradicional na peregrinación xacobea, ofrece a posibilidade de superar unha existencia postmoderna regulamentada ao máximo, case incapaz para a sorpresa, pouco sensible ao misterio, empobrecida en canto a posibilidades de identificación e relacións interpersoais, chea de tensións e sumida ás veces na confusión. Inténtase facer pé no pasado, para orientarse cara ao futuro no medio do presente que nos toca vivir como tempo de Deus e, polo tanto, tempo de graza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario