jueves

~ iMMenXa GraZa (44) ~

.
O Evanxeo segundo san Xoán lévanos a comprender a fe expresamente como fe en Xesús e non como unha actitude difusa de confianza. No diálogo con Xesús di Marta, a irmá de Lázaro: "Xa sei que resucitará cando teña lugar a resurrección dos mortos, á fin dos tempos".
.
Xesús precisa ese convencemento nun novo horizonte dicíndolle: “Eu son a resurrección e a vida. O que cree en min, aínda que morrese vivirá; e todo o que estea vivo e crea en min, non morrerá para sempre" (Xn 11, 24-26).
.
Identifícase a resurrección completamente coa persoa de Xesús e o seu destino, e inclúese xa agora a todos os crentes nel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario