jueves

~ iMMenXa GraZa (52) ~

.
Deus comeza por crear o corpo eclesial de Cristo para que dende el a vida se propague e alcance a todos os homes.
.
Non empeza salvando uns individuos e agrupándoos a continuación nunha "sociedade de salvados", senón que, dende o primeiro intre, os convoca a formar parte da Igrexa, que ten "en Xesús a súa Cabeza, valor de principio".
.
En diante, os homes encontrarán a salvación formando parte da comunidade eclesial dun xeito vital por medio da fe e os sacramentos. O si que o home lle dará a Deus e que inaugurará a súa vida de alianza será un si dito igualmente á Igrexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario