jueves

~ iMMenXa GraZa (69) ~


O prototipo da testemuña achámolo en María, peregrina da fe, figura escatolóxica (definitiva) da Igrexa, presente no cenáculo de Xerusalén.

María, como nai, revela un aspecto radical da existencia, nunha peregrinación polo camiño de crecemento e maduración interna que se inicia co nacemento do seu Fillo e que conclúe coa súa gloriosa asunción aos ceos.

Ela alumea diante do pobo de Deus en marcha como sinal de esperanza certa e consolo, avivando nos fieis o desexo dos bens do Reino, cuxa posesión plena obterán pola resurrección, e sendo tamén punto de referencia para a realización do seu propio destino histórico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario