. . Vivir con conciencia de ser peregrinos é non nos instalar na estreita marxe das nosas propias aspiracións limitadas... O que peregrina sabe dos segredos da vida espiritual do Camiño, descubrindo con san Xoán da Cruz que "para ir ao que non sabes, has de ir por onde non sabes"... . "Ser peregrino é descubrir que o home se vai facendo concidadán dunha cidade superior á terrea: a realidade esperada e que é posible pregustar na terra" (Uxío R. Pose).
. . Así, o Camiño de Santiago é un ámbito propicio para que quen peregrina en espírito e en verdade dialogue con Deus, é un signo que lle axuda a sentirse creado por Deus e liberado por Cristo e é unha experiencia na que aprende a dar e recibir, pospoñendo o ter polo ser.

No hay comentarios:
Publicar un comentario