jueves

~ iMMenXa GraZa (29) ~

. . A xustiza de Xesús consiste esencialmente no feito de que na súa vida unicamente houbo un "si": "si" ao amor de Deus Pai, “si” ao amor dos homes, os seus irmáns. O perdón, tal como Xesús nolo fai entender, non é o pagamento dunha débeda, senón unha real acollida do pecador con todo o que el é, e así maniféstase na parábola do fillo pródigo.
. . .. . Deus ámanos e cada vez que actuamos ignorando ou rexeitando esta realidade, negamos nosa propia condición de criaturas e facémonos estraños a nós mesmos ao rexeitar a familiaridade divina, agochándonos entre as árbores das nosas vas pretensións de querer ser como El (cf. Xn 3, 8). Para saír desta alienación non hai outro camiño que recoñecérmonos amados, recoñecer esa mirada de amor de Deus sobre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario