jueves

~ iMMenXa GraZa (33) ~

Necesitamos non só mestres, senón sobre todo testemuñas da fe. Non abonda con crer na divindade de Cristo, hai que testemuñala.
O testemuño que debemos dar os crentes en Cristo refírese á súa persoa, ao seu poder, á súa vida, á súa capacidade de construír unha humanidade nova na que as relacións han de ser de servizo, de gratuidade, de amizade, de xenerosidade e dispoñibilidade. Por iso, antes que dun proxecto ou dunha idea somos testemuñas dunha persoa, a de Cristo, o noso Salvador
Así, o peregrino da fe non pode conter o impulso nin a alegría de transmitir esa experiencia. O testemuño ou confesión forma parte esencial da fe, pois na medida que dou testemuño, participo eu tamén do evanxeo; na medida que conduzo a outros a Deus, condúzome a min tamén. Só se coñece a Deus na medida que se lle dá a coñecer. Confesala é o mellor modo de aumentar a propia fe. Crer é confesar a fe. A confesión de fe supón unha forza de decisión e responsabilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario