jueves

~ iMMenXa GraZa (61) ~

. . Xesucristo é a partir da resurrección unha realidade permanente e verificable grazas ao Espírito, ao Espírito da vida e do amor, da liberdade e da nova creación que xorde con este acontecemento.

. . Non se trata unicamente dunha afastada esperanza de futuro para todos os que participan da fe en Cristo, senón xa dende agora dunha realidade incipiente, posto que a partir da súa resurrección Cristo se converteu en "Espírito vivificador" (1Cor 15, 45) e ese Espírito, o Espírito de Cristo e de Deus, habita xa agora en nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario