miércoles

~ iMMenXa GraZa (19) ~

"Ninguén pode crer só, como ninguén pode vivir só. Ninguén se deu a fe a se mesmo, como ninguén se deu a vida a se mesmo. O crente recibiu a fe doutro, debe trasmitila a outro". (Catecismo da Igrexa Católica)

A fe é, pois, un camiño a seguir, un modo de vivir que outras persoas nos transmiten dende a súa historia, facéndonos sentir peregrinos aquí na terra e desexar a patria celestial, e ábrenos á comprensión do mundo, do home e da nosa vida. Nela, a nosa existencia adquire sentido e finalidade, e acollemos a mensaxe cristiá como sentido para a nosa vida, ao tempo que afirmamos que o cristianismo é o noso camiño ao decidírmonos por este modo de ver o mundo e a realidade humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario